QUEREMOS GALEGO

Galicia.

Santiago de Compostela.

A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra.

Bergantiños, Terra Chá, O Salnés, O Rosal, O Ribeiro, Valdeorras, As Mariñas, Valadouro, Monterrei, Os Ancares, O Condado, Allariz-Maceda, Arzúa, Baixa Limia, O Baixo Miño, Barbanza, A Barcala, Betanzos, Caldas, O Carballiño, Chantada, Deza, Eume, Ferrol, Fisterra, A Fonsagrada, Meira, Ordes, A Limia, O Morrazo, Muros, Noia, Ortegal, O Courel, Quiroga, A Paradanta, Sarria, O Sar, Celanova, Tabeirós-Terra de Montes, Lemos, Melide, Caldelas, Soneira, Trives, Vigo, Xallas, A Ulloa, Verín.

Corme, Irixoa, Combarro, Burela, Malpica, Portomarín, Vilagarcía, Nigrán, Cambados, Zas, Padrón, Curtis, Melide, Sobrado, Guitiriz, Vilalba, Baralla, O Grove, Samos, Xove, O Incio, Triacastela, O Saviñao, Muros, Coristanco, Boqueixón, Ortigueira, Redondela, Brión, Trasmonte, Ames, Rianxo, Ponteareas, Boiro, As Pontes, Cospeito, Celanova, A Rúa, Xinzo, Nogueira de Ramuín, Laza, Beariz, Rois, Vedra, Teo, Rus, O Porriño, Baiona, Foz, Arteixo, Cesullas, Pazos, Cedeira, O Vicedo, Moeche, Muxía, Ourol, Camariñas, Lourenzá, Ribadeo, Sada, Negreira, Dumbría, Forcarei. . . . . . .

QUEREMOS

GALEGO

haidar

“Deseo vivir con mis hijos, pero con dignidad.”

…estoy en huelga de hambre desde hace 25 días a causa de la injusticia y de la falta de respeto a los Derechos Humanos.”

LIBERDADE

PARA O

SAHARA

Choiva

11 de Decembro. Chegados a este punto, dende que teño uso de razón, comezaría a sacar pra fora toda a carraxe que levo dentro. Odio o Nadal. Odio a hipocresía en forma de “Bo Nadal”, “Felices festas” ou merdas así. Odio a felicidade mercada no Corte Inglés en forma de agasallo, a típica paiasada de meter o polvorón na boca e que che manden dicir “Pamplona”, as luces nas rúas que non fan senón tirar da conta corrente dun Concello que podería tapar moitos “furados” cos cartos que se invirten nelas. Odio os atascos, as colas pra pagar, pra envolve-los paquetes…

E sen embargo este ano… non teño gañas nin de odiar nada do que odiaría normalmente. Nin gañas, nin forza, nin tempo, nin NADA.

¿Qué queres pro teu cumpleanos? ¿Qué queres pra Reis? A miña resposta: NADA.

Tan só quero que pase o tempo, que pase o máis rápido que poda, e platarme nun 2010 tan desexado por min como a choiva en tempo de sequía. Ogallá non me defraude…

Poque como dixo o mestre

Lo atroz de la pasión es cuando pasa,

cuando, al punto final de los finales,

no le siguen dos puntos suspensivos.

Don Ricardo (o sabio)

Mar

Don Ricardo era un home sabio, moi sabio, o máis sabio de toda a Costa da Morte. Aló por onde vaiades, se preguntades por Don Ricardo (de Corme, claro) contaranvos marabillas del e de toda a súa sabedoría. Durante toda a súa vida lera ós máis grandes da literatura mundial: Cervantes, Shakespeare, Rosalía de Castro… Non había obra importante (e sen importar) que non coñecera Don Ricardo.

Cando eu nacín, Don Ricardo pasaba os 80 anos ben de lonxe, e daquela, polo que me conta hoxe meu pai, pasaba o día sentado no Xardín Vello, debatindo sobre o futuro do pobo pola mañá, e contándolle contos ós nenos pola tarde. Cando a noite comezaba a caer, Don Ricardo erguíase daquel banco de pedra do Xardín, tomaba un viño nun dos “poucos” bares que hai en Corme, e collía rumbo a Roncudo, que era onde vivía.

A casa de Don Ricardo herdáraa de seus pais. Emplazada nun paraxe único, era a vivenda ideal para unha persoa tan tranquila coma era el… e tamén tan solitaria. Porque Don Ricardo, a pesares de toda a súa sabedoría, a pesares de ser un home admirado dende Malpica até Fisterra, aínda estando rodeado de xente en todo momento, sempre se sentío apartado, solo. Houbo mulleres en Corme fascinadas por tódalas súas características, non só polo seu cerebro, senón tamén porque Don Ricardo era un home que se coidaba moito. Pasaba do 1,84 de altura, sempre andaba dereito coma un buxo. En definitiva, era un home que “daba justo” mirar pra el. Mais aínda con todo isto, Don Ricardo era un home solitario.

Viaxara moito polo mundo, xa que de novo andivera embarcado. Acostumaba a levar sempre un bolígrafo no peto pra deixar a súa sinatura na porta do baño dalgún bar (xa daquela estaba de moda). Marsella, Rotterdam, Atenas… calquera dos grandes portos do mundo tiña a sinatura de Don Ricardo nalgún recuncho (pra que vexades que os “graffittis” non son de onte nin de antonte). O seu oficio no barco era o de cociñeiro, porque dende moi pequeno, sentírase fascinado polos guisos, cocidos e potaxes da súa nai. Así, a fama de bo cociñeiro de Don Ricardo extendeuse ó longo do mundo, e así botou os seus anos no mar: cociñando.

Don Ricardo descubriu un mundo novo na cociña dos barcos. Era o único sitio tranquilo, onde podía ler os seus libros mentres agardaba que fervera o cocido ou que se frexiran as patacas. E alí, ó carón do lume, foise “cociñando” a sabedoría de Don Ricardo. E falando de cociñas e libros, a cousa que máis lle jodía no mundo a Don Ricardo, era escoitar ós cociñeiros dos barcos vascos dicir que o marmitako inventárano eles, ou ós cántabros que o mellor marmitako era o que se facía en Santoña. “Érache boa se colara!”, respondía el. Porque Don Ricardo sabía, igual que o sabía todo Corme, que o marmitako inventárao el.

Realmente, el mesmo recoñecía que non era unha invención. Simplemente, atopouse un día diante do lume cunha reserva bastante importante de bonito. O peixe era un producto que, ou se metía en salazón pra conservalo, ou se perdía moi rápido, así que ideou un guiso que, como bo guiso que era, sabía mellor dun día pra outro, e o peixe non se perdía. Cando o puxo na mesa, explicou que non era unha receta xa escrita nin moito menos. El puxera unha marmita no lume e comezara a botar o que tiña a man. Tivo tal aceptación aquel guiso, que un dos mariñeiros, nado en Pasaia, bautizouno como “marmitako”.

O mar acabóuselle a Don Ricardo cando cumpriu 50 anos. Levaba embarcado dende os 19. E digo acabóuselle porque non se retirou voluntariamente. Estando atracados en Rotterdam, un personaxe que non era do barco quixo entrar e mirar se había algo que levar. Estaba de guardia Herminio, pero o pobre Herminio era xordo dun oído e non escoitou ó intruso cando subío ó barco. Don Ricardo espertou sorprendido por uns pasos que non lle asomellaban en nada ós do compañeiro de guardia (porque aínda non vos dixera que Don Ricardo tamén tiña un oído impresionante). Saíu do camarote e atopouse co intruso de fronte. Berrou por Herminio pra collelo entre os dous, pero este non escoitou, e o intruso, que levaba un coitelo na man, clavoullo a Don Ricardo nunha perna.

Don Ricardo recuperouse daquel percance con moita dificultade. Foi quen de volver andar, pero xa non tiña a soltura de antes, e a cicatriz deixouno marcado de por vida. Tivo que deixar o mar, e con el, a súa vida. No mar fixera compañeiros, non amigos. No mar coñecera o dura que pode chegar a ser a vida. E no mar e nos portos, construiu toda a súa sabedoría.

Cando Don Ricardo voltou a Corme, tivo que superar a morte dos seus pais nun período de ano e medio. Levaba toda a vida no mar, coñecía á xente de Corme pero nunca tratara moito con ninguén porque botara 31 anos nos barcos, e os rapaces que creceran canda el ou seguían andando ó mar ou emigraran na busca de algo mellor. Comezaba así a verdadeira soedade de Don Ricardo.

Saía polas mañás dar unha volta, tiña que airearse, e xuntábase co primeiro que pasara pra comentar cómo estaba o tempo, si os barcos que andaban o día viñeran con peixe o día anterior, ou pataqueiradas así. Voltaba a Roncudo pra xantar, durmía unha pequena siesta, e voltaba pro seu rincón do Xardín Vello. Os rapaciños, pasadas as 5 da tarde, sentábanse ó seu carón pra que lles contara unha das miles de historias (metade verdade, metade ficción) que lle acontecera polo mundo adiante.

Rematada a xornada, voltaba pra casa, ceaba, tomaba un café, e se metía na cama a ler o xornal ou algún libro que lle emprestaran ou que tivera por alí herdado de seus pais. Cando pechaba o libro, lembrábase do solo que se sentía, pero os pensamentos durábanlle 5 segundos, o tempo que Don Ricardo tardaba en quedar durmido.

O 25 de Xullo do ano 86, cando este que vos fala aínda non tiña dous anos de vida, Don Ricardo falecía de vello. Digo esto porque Don Ricardo maldita enfermidade coñecera ó longo da súa vida. Era tal a súa soedade que nin as enfermidades se lle pegaban. Morría así o home máis sabio de todo Corme e parte do estranxeiro. E tamén, como xa dixen, o máis solitario. Co que seguro que non contaba Don Ricardo era con que o seu enterro fose o que máis xente congregara na historia de Corme. Viñeran xentes de tódolos lugares do mundo pra darlle ó derradeiro adeus a Don Ricardo, “o cociñeiro máis sabio do Océano”, como rezaba a lápida.

Don Ricardo, o home solitario, que non triste. Porque se algo deixou claro ó longo da súa vida era que el non era unha persoa triste. Era tanta a súa sabedoría que, o derradeiro día que paseo por Corme, díxolle a Manolo de Guxín que el prefería morrer sendo un home solitario que un home triste.

¿E vós que pensades?

Un saúdo para todos e… VÉMONOS NOS BARES (centros de cultura).

¡Qué disparate!

A miña primeira visión del lévame a Los ladrones van a la oficina. Daquela eu tan só contaba con 9 anos, e xa me gustaba o personaxe de “Escabeche”. Dende aquela pasaron por diante dos meus ollos La Colmena, Plácido, La familia y uno más, La cabina ou El bosque del lobo.

Antonte, a enfermidade contra a que loitaba dende anos atrás, deixounos sen el. ¡Qué disparate!

Inesquecible, irrepetible, insustituíble… Até sempre Don José Luis!

17 de Outubro de 2009

Levaba dende o 7 de Agosto sen escribir nada no blogue, e penso que éste pode ser o mellor xeito de retornar a el.

Xogaba o Dépor na casa, ás 6 da tarde, e uns días antes lembraba que sería unha desas xornadas futbolísticas que comezarían cunha comida fóra da casa co señor Alesgandro e que remataría 24 horas despois cando o sol comezara a aparecer por enriba da baía coruñesa.

Non foi exactamente así, pero por unha vez na vida non vou ter queixa de nada… Non estaban todos os que son, pero sí eran todos os que estaban.

GRAZAS

XVIII

Hoxe é un día especial, que merece un post especial.

Cumple 18 anos a 1400 quilómetros de distancia.

Porque ela, sen dúbida, é a razón do meu sorriso dende o 7 de Agosto do 91.


¡PARABÉNS CRISTININHA!

O mar, o mar, ¿quen mo foi levar?

Hoxe escríbovos dende o Roncudo. Despois de moito tempo reclamándoo, viñeron os de R e puxeron internet por todo o pueblo, e evidentemente non se podían esquecer do lugar máis emblemático de Corme. Sólo jodería…

Pensaredes que estou tolo ó dicirvos que puxeron internet no Roncudo. Pois sí, estades no certo. Pero o caso é que este relato estouno escribindo, realmente, no lugar onde se pode ver unha das postas do sol máis fermosas do mundo. Dirán os fisterráns que nin de coña, que pra posta a deles, pero a min tanto me ten o que digan ou deixen de dicir. Cada un tira polo seu.

Estou sentado nas rochas, coa única compañía dunha libreta e un bolígrafo. Suficiente. Deixei na casa o móbil, as chaves, a carteira… todo. Hai veces que o que consideramos máis importante sobra, e neste caso é así. Quizais o que máis boto en falta é unha cámara de fotos pra que vexades o que eu vexo agora mesmo: esa inmensidade chamada océano e á que tan íntimamente vou ligado. Impresiona ter tan preto algo tan fermoso e que tantas vidas cobrou. Como a de Francisco.

Francisco naceu 20 días antes ca min. A súa casa non estaba moi lonxe da miña, así que foi un dos primeiros amigos que tiven en Corme. O pai era ferreiro e a nai, percebeira. As demáis mulleres percebeiras de Corme sempre lle tiveran envexa porque as mellores ferradas eran as dela. O seu marido poñía todo o seu agarimo cando á súa muller lle facía falla a ferramenta.

Francisco soubo dende pequeno, coma todos nós, o que eran os “nordestazos” e o vendaval, os jolpes de mar, o jolfe, o salitre e, por suposto, os “tetos” e os “mexóns”. Pero a pesar de todo isto… Francisco tíñalle medo ó mar. O pai, pero sobre todo a nai, quixéronlle quitar ese medo do corpo, e cando tíñamos 7 anos, levárono á praia e metéronse con el na auja. Francisco patexaba como se a súa vida dependese deso. Ata que, de súpeto, parou. Ficou coa mirada tesa cara o horizonte e soltouse dos brazos dos pais. Notou como o seu corpo “voaba” sobre a auga. Dou unha brazada, dúas, tres… e así, como por arte de maxia, Francisco aprendeu a nadar. E dende aquela xa ninguén o quitou da auga.

Pasaron os anos e Francisco aprendeu a pescar dende terra, dende a chalana, a botar as nasas, a bucear. Era o millor nadador de todo Corme, e foi un dos nosos representantes nos Xogos Olímpicos. En definitiva… non sabía vivir sen o mar. E como esto era así… cando tiña 18 anos embarcou.

Era o home máis feliz do mundo cando o barco arriaba o cabo a eso das 4 da mañá pra ir facer o día. Os ollos desprendíanlle felicidade cando subían o palangre e vía todo aquel peixe botando o seu derradeiro alento. Francisco, que de pequeno odiaba o mar, xa non podía vivir sen el.

As mans volvéronselle duras e tesas como a pedra, tanto que cando quería chocarnos a man todos preferíamos darlle unha aperta. Ir de rondas con el era como ler un libro de aventuras: que si congros de 2 metros, que si marajotas a esgalla… un vira-vira de verdades, pero esaxeradas dun xeito que solo el podía facelo. Francisco pensaba coñecer o mar como a palma da súa man, pero, por desgracia, o mar é o que te coñece a ti, e non ó revés.

Hai 5 anos, nunha fría e húmida mañá de Novembro, foi traballar coma calquera día. Chegou ó muelle e vío que non barco non había ninguén. Xusto por detrás del aparecía o patrón, dicíndolle que fora pra casa, que hoxe o mar non estaba pra ir a ningures. Francisco non estaba de acordo, dicía que soplaba un pouquiño, pero que tampouco era pra tanto. José, o patrón, díxolle que fora pra casa a descansar, que “mañá é outro día”. E así foi.

Francisco colleu rumbo cara a Riloa, pero dou volta. Colleu a jamela do pai (que aínda que era ferreiro, tamén lle gustaba saír a pescar), e foi cara o Roncudo a ver se pescaba aljo. Nese momento, Alfredinho levantábase da cama beber un vaso de auja, e como ten costume cando está en Corme, bota un ollo pola fiestra. No medio da noite fun capaz de distinguir a chalana do pai de Francisco, e como éramos amigos, tamén fun quen de recoñecer a súa silueta. Voltei pra cama sen pensar que esa noite, sería a derradeira vez que vería a Francisco. Ó meu amigo Francisco.

Eran as 11 da mañá cando a nai de Francisco veu petar á miña porta preguntando polo seu fillo. Dicía que o barco estaba amarrado, pero que el non volvera a casa. Conteille o que eu vira dende a fiestra e, nun segundo, collemo-lo coche cara o lugar onde estou sentado agora mesmo.

O final desta historia, que non vos vou a describir, remata no Cubeiro, que é onde está o cemiterio de Corme.

Nunca pensei en escribir historias tristes no blog, pero hoxe, sentado fronte ó mar, ó carón das famosas cruces do Roncudo, o mar faloume. Maltratado dende hai moito tempo pola man do home, o mar foi cobrando, ó longo da historia, todo o que sacamos del. Nunca o chegaremos a coñecer de todo, por moito que nós pensemos que si. Non hai que terlle medo, pero sí moito respeto. Francisco, o meu amigo, non existiu. Pero sí moitos outros que ó longo do extenso océano deixaron a súa vida. Non os esquezamos.

Un saúdo dende o Roncudo.

XVII Festa do Percebe do Roncudo

Faltan aínda dous días, pero cos preparativos non vou ter tempo a poñelo mañá, así que aí queda. A Festa máis agardada do ano (xunto co Antroido) está petando na porta. E, coma sempre, deixaremos o pavillón ben alto.

Un saúdo para todos e… VÉMONOS EN CORME!!!

15 anos en familia

Non hai moito tempo, unha persoa bastante achegada a min dicíame que cos anos, por moi novo que te sintas, a túa cabeza comeza a mandar sobre o teu corpo, e non ó revés, como é habitual cando eres… pois eso… máis novo. As vellas costumes comezan a mudar: saír xoves, venres e sábado comeza a tornar en pouco habitual e máis innecesario, as borracheiras quedan apartadas a días contados, e un pub cheo de xente e coa música comercial demasiado alta antóxase vomitivo (aínda que pra min sempre fóse así). Entón comezas a buscar outros lugares, outras emocións, cousas coas que a túa cabeza e o teu corpo estén d’acordo ó unísono.

Hai uns meses descubrín un lugar especial. Un lugar que xa vos nomeei nunha crónica anterior. Un lugar non moi lonxe da miña casa, e onde nos fan sentir coma se estivésemos nela. Dende hai uns meses é o meu terceiro fogar. O primeiro, ben sabedes cal é. O segundo, ese onde paso horas, horas e máis horas sen mirar o reloxo, e sempre acompañado de xente que merecerían un post, ou dous… ou mil.

A miña terceira casa non é moi grande, pero o seu tamaño non importa. O seu rexente comparte algo de sangue comigo, e quizais por eso sempre o veredes cun sorriso na faciana. Nós, os “cinco magníficos” (Pablo, Isma, Edu, Many e servidor) deixámonos aconsellar por el hai unhas semanas e conseguiu que o pasado sábado fóse un día especial, quizais dos máis especiais dos últimos tempos, nos que a miña moral andaba arrastrada polo chan e os sorrisos que mostraba en 24 horas podía contalos cos dedos dunha man. Por eso, o sábado tituleino como o día da resurrección do que vos fala. Faltoume unha persoa importante, pero aínda así, outras 200 fixeron que a súa falla non a notase tanto.

O Chaflán, bar rexentado polo “primo” Rafa, estaba de aniversario. 15 anos ó pe do cañón, gañando adeptos e adictos, e eso había que celebralo. Ás 16:00 comezaba, puntual, o partido de solteiros contra casados. Os solteiros, con 5 fichaxes de Corme, que saímos máis baratos que o “lubricante” CR7, puxemos o noso grao de area pra que a humillación que o noso equipo sufrira o ano pasado, cando caeron por un condundente 9-1, non se repetira. Destacaron por enriba de todo Edu e Many, con dous goles cada un, pero Isma, Pablo máis eu tamén amosamos a nosa calidade no terreo de xogo. A pesar de todo, os solteiros caemos por 7-6, con honra, e loitando contra xogadores de moito nivel e contra os fallos arbitrais.

Acto seguido, chegou a hora de que os casados cobraran o seu premio, e os solteiros tivemos que pagar as cervexas de rigor no templo coruñés. E con tan só un cuarto de hora de marxe, subín a casa a poñerme “elegante” pra cea de despois. Fixemos a foto oficial dos aniversarios do bar, e puxemos rumbo (en bus, que tamén nos traería de volta) ó restaurante.

Podería describir toda a cea, pero non remataría hoxe. Entre o postre e o café, Rafa deleitou ós presentes cunha proxección de fotos no bar destes 15 anos de vida do Chaflán, onde a algún costoulle bastante poder aguantar ás bágoas. Rematada a proxección, e cos asistentes postos en pé, procedeuse á entrega de premios do partido de fútbol e do torneo de pádel. O capitán dos solteiros era o “speaker”, así que Edu colleu protagonismo e recollío a copa, que pouco despois nos encargaríamos de encher con ron e coca-cola. E para dar a nota, e como todo o mundo nos ten que coñecer aló onde imos, os de Corme deleitamos ó personal cantando “La burrita“, himno oficioso (que non oficial) do pobo máis querido da Costa da Morte. E aí comezou a festa, que se prolongou até o momento no que o sol comezaba a saír.

Moitas anécdotas, moita xente descoñecida que acabou sendo como da familia, moita música, moito baile, moitas risas e, pra qué mentir, moitos cubatas.

Un día especial pra un lugar especial. Un lugar onde me alegro de ir seleccionando certas cousas da miña vida, lugares, emocións… Onde a “familia do Chaflán” (como a Rafa lle gusta dicir) ten a súa casa, e que tivo, na canción que vos deixo a continuación, a súa particular e emocionante banda sonora.

PARABÉNS CHAFLÁN!


Soando:   Insurrección (Manolo García e Miguel Ríos)